Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

venres, 26 de xuño de 2020



Chegamos ó fin deste atípico curso 2019-2020. Moitas grazas por confiar en nós e que pasedes un moi bo verán CON SENTIDIÑO!!!! Vémonos en setembro!!!



venres, 19 de xuño de 2020



Escoitamos a canción "La vaca Lola"?@s nen@ encántalles!!!!

martes, 9 de xuño de 2020



Facemos un Caleidoscopio??? 
Mirade que sinxelo é e que ben o imos pasar!!!

xoves, 4 de xuño de 2020








Boas Familias!
Debido á situación actual, dende Política Social nos indican que non se vai volver ás aulas ata o novo curso académico (1 de setembro). Polo tanto, durante a vindeira semana imos proceder a entregarvos tanto os obxectos personais como o material de aula (2-3 anos) d@s vos@ fill@s, que será con cita previa.

Os días de recollida serán:
0-2 ANOS: Luns 8 Xuño
2-3 ANOS: Martes 9 Xuño

Para facer esta entrega temos que seguir as medidas establecidas por Sanidade, polo tanto, debedes acudir ó centro respectando ditas pautas:

-1 persoa por familia
- Con mascarilla
-Respectar o distanciamento social

Ademais, pedímosvos puntualidade porque sodes varias familias as que ides acudir ó centro.
Se algunha familia non pode vir á cita proposta debe poñerse en contacto coa secretaría do centro (986 303032) e concertar outra cita previa para realizar a recollida do material de forma segura.

Un saúdo, as educadoras.

mércores, 3 de xuño de 2020



Esta semana na pestana English podedes atopar a canción "Colors".

martes, 2 de xuño de 2020



Aquí van unhas ideas para facer actividades de motricidade c@s nen@s.

venres, 29 de maio de 2020



Bos días!!! Comezamos a semana e o mes facendo este simpático dragón??? Que vos parece??? Pois ánimo e mans á obra!!!